Páginas

venres, 25 de xuño de 2021

Gañadores xogo de cascabela. Entrega de premios

 Hoxe recibimos na nosa biblioteca aos campións do xogo de Cascabela, os cales se achegaron a recoller o seu ben merecido agasailo. 




 

 

 

 

 

 

Bo verán e boa lectura campións/as!


xoves, 24 de xuño de 2021

GRAZAS ONA!

No mes de marzo, a clase de 1º de EP enviou a Ona Carbonell o traballo realizado sobre ela (crhoma, deseños de bañadores olímpicos, etc). Como gratitude ao seu esforzo, hoxe chegou á nosa biblioteca un  agasallo moi especial, un libro dedicado da súa colección, no que felicita aos cativos polo seu traballo. Dende aquí, queremos abradecer a Ona o seu detalle e tamén dar a noraboa a todos os pequenos/as que participaron na experiencia.

Velaí o tendes!!



martes, 15 de xuño de 2021

TROFEO CLASE ILCA 5/6

Hoxe recibimos no cole un trofeo ben especial. Mónica Azón, gañadora do campionato de España clase Ilca 6/7, quixo cedernos o seu trofeo como agradecemento aos nenos/as do colexio por acompañala e animala durante a regata

Moitas grazas Mónica! A túa visita e o teu premio foron un gran agasallo para nós. Noraboa campioa!






 

venres, 11 de xuño de 2021

GAÑADORES O XOGO DE CASCABELA

 Xa temos gañadores do xogo de cascabela! cinco foron os equipos que chegaron ata a meta, pero tan só tres puideron acadar unha posición no podium. Así quedou a clasificación:


 




 

 

 

 

 

 

 

 

Noraboa a todos os equipos!



luns, 7 de xuño de 2021

PDI Xogos Olímpicos Portosín 2019-21

Hai ano e medio comezamos, moi ilusionados, un proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos. Aínda que este curso 2020/2021 foi un ano moi especial,  nada impediu que puideramos continuar coas nosas tarefas de investigación, obradoiros, charlas, entre outras actividades. Con todas estas experiencias, fomos tecendo unha bandeira de traballo conxunto. Agora, é hora de izala e poder compartir o resultado desa labor por medio de este pequeno tráiler, no que se fai un pequeno percorrido das diferentes experiencias vividas e co que rematamos este proxecto de centro. Nel, cada un de nós aportou o mellor de sí, porque en conxunto somos, como di o lema dos Xogos Olímpicos "Citius, Altius, Fortius” ou o que ven sendo o mesmo "máis rápidos, máis altos e máis fortes".

CLICAR NA SEGUINTE IMAXE!


Se queredes ver os filmes completos, dos traballos de investigación realizados en cada un dos cursos e especialidades, premede en cada un dos enlaces que vos deixamos a continuación

  4ºEI     5ºEI     6º EI   1º E 2º DE EP   3º EP   4ºEP     5º EP    6ºEP

                       MÚSICA                   INGLÉS 

domingo, 6 de xuño de 2021

Mónica Azón. Campionato de España ILCA Máster 6 E 7

No cole seguimos achegándonos ao mundo da vela, esta vez da man de Mónica Azón participante no campionato de España ILCA Máster 6 e 7, que estes días se está a celebrar na nosa vila. Os alumnos de  5º e 6º tiveron a oportunidade de escoitar, e tamén de conversar con esta campioa, a que lle agradecemos inmensamente a súa colaboración.


 Sorte Mónica!


 




    Logo desta visita, fomos convidados a presenciar en directo os preparativos e a saída da regata no Real Clube Náutico de Portosín, ao que asistiron os alumnos e alumnas de 3º, 4º , 5º e 6º de Primaria. Alí tiveron a oportunidade de compartir con diversos regatistas, entre eles Jasé María Van Der Ploeg (ouro Barcelona 1992), José Luis Doreste (medalla de ouro en Barcelona, e Miguel Noguer (medalla de ouro en Moscú 1980), os preparativos previos á regata, tanto das embarcacións como dos participantes.

Dado os límites de aforo, as demáis aulas non puidemos asistir ás instalacións do Clube Náutico, pero non queríamos perdernos este evento de ningunha das maneiras, polo que, mochilas no lombo, dirixímonos a praia para poder presencialo!

Xa para rematar, queremos compartir convosco, unha pequena selección de fotografías que reflexan a ilusión e os bos momentos vividos nesta xornada polos rapaces/as, máis ainda neste curso tan especial.  



mércores, 2 de xuño de 2021

PULPI

Nesta ocasión queremos presentarvos a nosa mascota olímpica, Pulpi:

Agora en formato 3 D!

 

martes, 1 de xuño de 2021

Visita nutricionista

Si hai algo que inflúe en gran medida no deporte, e por tanto nos xogos olímpicos, é o coidado da saúde. Por iso, moitos das pequenas investigacións realizados nas aulas tiveron que ver con este aspecto (proxectos sobre o corpo, contratos de merendas saudables, revisións das 5 comidas diarias, entre outras). Todo este traballo permitiunos chegar a conclusión de que, si o noso obxectivo é ter un corpo de deportistas, temos que comezar coidando a nosa dieta.

En relación a esta temática recibimos a visita da doutora en nutrición Áurea Cecilia Casais, quen nos orientou en como poderíamos mellorar os nosos hábitos alimenticios

  



Con esta iniciativa contribuímos ao desenvolvemento aos seguintes obxectivos da Axenda 2030

VISITAS OLÍMPICAS

Ao longo do curso e en relación co gaio do proxecto sobre os Xogos Olímpicos no que o centro se viu inmerso, tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca, a diferentes deportistas, varios deles/as olímpicos/as, aos cales, depois de realizar o correspondente traballo de investigación sobre eles e o deporte que practican, o alumnado tivo a oportunidade de escoitar e entrevistar, resolvendo as nosas inquedanzas ao respecto.

Visitounos en primeiro lugar  Lidia Parada: atleta especializada en lanzamento de xavelina, membro do Clube Atletismo Barbanza, campioa de España absoluta nesta especialidade e outras seis en categorías inferiores. Foi ademais campioa galega en varias ocasións, xunto co seu entrenador Lardo Moure García e grazas aos cales poidemos observar moi de preto unha demostración sobre este deporte.



Tamén tivemos a oportunidade de coñecer a dúas figuras da vela mundial na clase 49er: Kahena Kunze (ouro en Río 2016) e Iago López Marra (9º en Río 2016)

 





Para rematar recibimos a visita de Araceli Bugallo, mestra de  Educación Primaria, moi ligada ao deporte. Participa nos distintos campeonatos de esgrima de veteranos e Copa de espada absoluta, entrena rapaces/as nesta disciplina. Durante a súa visita, ensinounos unha man chea de aspectos interesentes sobre este deporte, poidemos ver e tocar os materiais que se utilizan, e incluso practicalo! E como unha imaxe vale máis que mil palabras, velaí se mostran os documentos gráficos que o constatan: 


E rematamos con dúas deportistas que ainda que non poideron asistir, quixeron aportar o seu gran de area enviándonos os seus saúdos e agasallos como é o caso de Ana Peleteiro (actual campioa europea en pista cuberta na especialidade de triple salto) e Desiré vila (atleta paralímpica, récord nacional nos 100 metros e en salto de lonxitude)

Cuxa traxectoria foi tratada polos alumnos de 5º de educación primaria e 4º de educación infantil respectivamente nas investigacións de aula.





Foi todo un pracer e un orgullo para nós e o alumnado poder compartir un anaco do seu tempo, máis tendo en conta que a maioría se atopan inmersos na súa preparación para os Xogos de Tokio 2021, por tanto, o noso máis grande agradecemento, admiración e respecto por todos e cada un deles e delas, esperamos e desexamos que todos os vosos esforzos teñan a recompensa que merecen!

 

 Con esta iniciativa contribuímos ao desenvolvemento aos seguintes obxectivos da Axenda 2030