Páginas

domingo, 6 de xuño de 2021

Mónica Azón. Campionato de España ILCA Máster 6 E 7

No cole seguimos achegándonos ao mundo da vela, esta vez da man de Mónica Azón participante no campionato de España ILCA Máster 6 e 7, que estes días se está a celebrar na nosa vila. Os alumnos de  5º e 6º tiveron a oportunidade de escoitar, e tamén de conversar con esta campioa, a que lle agradecemos inmensamente a súa colaboración.


 Sorte Mónica!


 




    Logo desta visita, fomos convidados a presenciar en directo os preparativos e a saída da regata no Real Clube Náutico de Portosín, ao que asistiron os alumnos e alumnas de 3º, 4º , 5º e 6º de Primaria. Alí tiveron a oportunidade de compartir con diversos regatistas, entre eles Jasé María Van Der Ploeg (ouro Barcelona 1992), José Luis Doreste (medalla de ouro en Barcelona, e Miguel Noguer (medalla de ouro en Moscú 1980), os preparativos previos á regata, tanto das embarcacións como dos participantes.

Dado os límites de aforo, as demáis aulas non puidemos asistir ás instalacións do Clube Náutico, pero non queríamos perdernos este evento de ningunha das maneiras, polo que, mochilas no lombo, dirixímonos a praia para poder presencialo!

Xa para rematar, queremos compartir convosco, unha pequena selección de fotografías que reflexan a ilusión e os bos momentos vividos nesta xornada polos rapaces/as, máis ainda neste curso tan especial.  



Ningún comentario:

Publicar un comentario