Páginas

mércores, 29 de novembro de 2023

Obradoiro de San Cosmeiros

 Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros.

Amosáronnos como son as plantas do trigo e do centeo e deixáronnos manipulalas. Tamén nos ensinaron a facer a trenza base das súas creaciónse déronnos un fermoso agasallo para as nosas árbores de nadal.

Moitísimas grazas por todo!



venres, 24 de novembro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Dende o Ceip Portosín quixemos conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller poñendo en valor unha tradición conservada e recordada por Mari Flor e as súas compañeiras, pertencentes á Asociación de Veciños "Portela Vella" de Valladares, Outes.

Ensináronnos os sancosmeiros e máis detalles que elaboran, coñecendo antes todo o proceso previo para conseguir a palla. Realizan con moito esforzo verdadeiras marabillas. Nós tamén traballamos moito e aprendemos a facer as trenzas ou polo menos intentámolo... Moitas grazas pola visita.


mércores, 22 de novembro de 2023

DÍA DA MÚSICA

 Dende o centro seguimos avanzando no noso Pdi " Música e Arte", desta volta e en relación co Día da Música, a biblioteca converteuse nunha pequena sala de concertos na que gozamos da actuación ao piano de catro alumnos/as do sexto curso.

Polo esforzo e ilusión posta e polo voso bo facer, so podemos dicir... grazas e noraboa artistas!!!

No seguinte vídeo podedes ollar unha mostra das pezas interpretadas polos concertistas.

venres, 10 de novembro de 2023

Magosto 2023

Hoxe celebramos o magosto coa xa tradicional desgustación das castañas de Serafín. Que boas estaban!





martes, 7 de novembro de 2023

Mostra de curtas

 Como ven sendo habitual nos últimos anos, todo o alumnado de Educación Primaria desprazouse ata a vila de Noia para asistir a XXIII mostra de curtas.


 

venres, 3 de novembro de 2023

Xavi Lozano en concerto

 

Hoxe desprazámonos á Casa de Cultura de Portosín para asistir a unha demostración musical sorprendente. Da man de Xavi Lozano, músico catalán afincado en Galicia, descubrimos un mundo sonoro xurdido dos utensilios máis sorprendentes.

Música feita a través da reciclaxe de todo tipo de tubos.

Foi unha magnífica experiencia que desfrutamos enormemente. Moitas grazas Xavi!


 

mércores, 1 de novembro de 2023

Samaín 2023

Foi un martes 31 de Outubro no que todo comezou coas nosas mellores e horripilantes galas. Parecía un día tranquilo ata que pouco a pouco se instaurou o TERROR no colexio. Mirade, mirade, se vos atrevedes....