Páginas

mércores, 22 de xuño de 2022

FEIRÓN MARIÑEIRO

 Durante todo este curso estivemos traballando e investigando sobre O MAR e a culminación deste proxecto viuse proxectada no noso FEIRÓN MARIÑEIRO. Día moi emocionante no que expuxemos algunhas das nosas aprendizaxes. Ademais contamos ca presenza duns invitados moi especiais da Escola Infantil de O Parque. 

Agrazadecer de antemán a todos os organismos e persoas que se esforzaron e colaboraron para que este día se puidera levar a cabo. Moitas grazas á ANPA, ó Concello, ás redeiras, ó grupo "Jaitas Blue" e a todos os membros da Comunidade Educativa, foi todo un éxito!!!

Aquí remata este ano académico, toca descansar durante o verán e coller moitas forzas para seguir o curso que vén con moitas máis aventuras. Que teñades un bo verán!!!

Vémonos en setembro...





martes, 21 de xuño de 2022

O XOGO DE CASCABELA

Un ano máis xogamos con Cascabela co fin de fomentar as competencias médiatica e informacional e achegarnos ao tema do pdi do centro, neste caso "o mar e a pesca" así como coa intención de animar ao alumnado de cara a lectura. Noraboa a todos os equipos e en especial ás Lúas estilosas, gañadoras este curso.
 

 

 

luns, 13 de xuño de 2022

Tradición oral. A biblioteca escolar ten a palabra



Ó longo do curso quixemos potenciar o poder da palabra na narración oral, centrándonos nas historias de tradición oral dos nosos avós e avoas. 

Comezou unha das nosas mestras,  contándolle nas aulas dos máis maiores, unha vella historia sobre a Santa Compaña.  


Ós cativos gustáronlle moito estas lendas de "medo", comprometéronse a preguntarlle aos seus familiares algunha vella historia para narrarlla aos seus compañeiros de aula.

Mentras tanto, propuxémoslle ao CEIP Santa María do Castro unha actividade intercentros de contacontos, e por suposto aceptaron!!! 

Debido ás medidas Covid, non podiamos trasladar alí ó alumnado pero fixemos un intercambio de mestras.


A nosa mestra foi contar un dos contos de tradición oral que máis triunfou no noso colexio 
"aterrador e divertido".

A teacher do CEIP Santa María do Castro, antiga mestra do noso centro, veu contarnos en inglés dous contos coñecidos como son:

       

que potencian a diversidade e inclusión!!



Encantounos ter de novo polo cole a esta mestra tan querida por nenos/as e compis!!!

Por último, xa coas medidas Covid máis relaxadas, foron diferentes nenos de 6º os que se animaron a trasladar esas historias que permanecen na memoria dos seus avós e avoas.

 


Antes da marchar da biblio pediron un último conto como agasallo final antes de emprender o camiño para o instituto.



Foi unha actividade que de seguro repetiremos no vindeiro curso!!!!

Agardando poder facela xa mesturando as aulas!!!

domingo, 12 de xuño de 2022

MERCADIÑO

 

E chegou de novo o mercadiño, este ano en colaboración coa ANPA, todo o alumnado foi agasallado cunha botella reutilizable co fin de seguir concienciándonos no consumo sostible e no compromiso de redución do plástico. Ademais, puideron intercambiar os puntos acumulados nos pasaportes lectores por algún obsequio. Sempre tendo en conta que o mellor agasallo que poden levar son as experiencias vividas coas súas lecturas. 








FEIRÓN MARIÑEIRO

Queda pouco para o gran día...

O alumnado do colexio levou por varios establecementos do pobo carteis informativos do FEIRÓN MARIÑEIRO.

Fomos moi ben atendidos por todos os propietarios e propietarias. Moitas grazas, encantounos visitarvos.


Para nós sería un pracer compartir este grandioso día cos membros da 

Comunidade Educativa do Ceip Portosín.

 Estades convidados!!!

Animádevos, será un feirón formidable!!! 

Aquí vos deixamos un anticipo...
Que ganas temos de que chegue o día e vexades todo!!!


mércores, 8 de xuño de 2022

O golfiño Manoliño

Quen é Manoliño? Todos o coñecemos pero, estamos actuando ben con el? Onte aclaramos esta dúbida.

No colexio contamos coa visita de Cristina Seijo Núñez, técnica do proxecto "Actuacións de conservación, mellora do coñecemento do medio mariño e protección ambiental dos hábitats e especies mariñas e dos espazos mariños protexidos" de Tragsatec.

Explicounos o que saben sobre Manoliño, o seu comportamento, como debe ser a súa alimentación, ... entre outros aspectos. Fixo fincapé nas consecuencias que poden ter as interaccións con dito animal, tanto para el como para as persoas.

Esta charla axudounos moito para cavilar sobre as accións que se están a facer con Manoliño e aprender o que debemos facer ante a súa presenza, sensibilizándonos así sobre o coidado das especies mariñas protexidas.



Con esta iniciativa contribuímos fundamentalmente ao desenvolvemento do seguinte obxectivo da Axenda 2030