Páginas

venres, 23 de decembro de 2022

FESTA FIN DE ANO

 Onte acudimos ao colexio moi elegantes para festexar o fin de ano. Degustamos un chocolate obsequio do restaurante Portofino; e uns deliciosos churros elaborados polo bar Camboño, A Nosa Ría e Souto Martiño. Moitas grazas a todos/as. Estaba todo riquísimo!!!

Tomamos tamén as tradicionais 12 badaladas


Cantamos cancións de Nadal

 Dende o Ceip Portosín desexamos que todos os membros da comunidade educativa pasedes unha FELICES FESTAS e que se cumpran todos os vosos soños neste vindeiro ano 2023. Moitas grazas pola vosa colaboración. 


xoves, 22 de decembro de 2022

DESEXOS DE NADAL

 Neste ano quixemos  adornar os olmos do noso patio cuns adornos orixinais e feitos con materias de refugallo fomentando así a sostibilidade do medio ambiente. Fomos colocando as nosas decoracións, cada aula nunha árbore.


Pero a nosa labor non rematou aquí...
Estivemos traballando arreo sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible 2023.

    Cada aula profundizou os seus saberes nun deles e fixo unha gran creación para sensiblizar o resto da humanidade sobre o tema escollido. 
Se premes en cada unha das imaxes podrás gozar delas.
E se vos acercades polo colexio tamén os poderedes ver pois en cada olmo teredes un código QR  para escanear.

3 anos

4 anos

5 anos

primeiro

segundo

terceiro

cuarto

quinto

sexto

Esperamos que vos gustaran. 
Se todos xuntos contribuimos un pouquiño poderemos conseguir salvar o noso mundo.


mércores, 21 de decembro de 2022

VISITA DO APALPADOR

 Hoxe contamos coa visita dunha persoa moi especial e que nos fixo moita ilusión. 

O APALPADOR!!!

Trouxo moitos agasallos e repartiunos por toda as aulas. Puidemos falar con el e aprender máis cousas sobre o seu quefacer. 



venres, 16 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL

 Xa queda menos para que chegue o Nadal!!!

O alumnado de Infantil estivo elaborando unhas postais moi especiais para enviar as súas familias e felicitarlle as festas. Hoxe aproveitando as raiolas de sol acercáronse ao buzón para envialas. Dentro duns días chegarán a todas as casas... que ilusión.

Desexámos que vos gusten!!!

venres, 2 de decembro de 2022

VALENTINA

 O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria fomos invitados polo Concello de Porto de Son á súa Casa da Cultura. Alí fomos ver a película de VALENTINA, unha nena con Síndrome de Down que nos ensina a importancia da inclusión, pois aínda que todos somos diferentes isto non debe ser un impedimento para seguir loitando polas nosas metas. Aprendemos e gozamos moito ca película.