Páginas

sábado, 25 de febreiro de 2023

EXPERIMENTOS (Semana da Ciencia)

 Quixemos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA cunha semana adicada á ciencia na que levamos a cabo a actividade de "Somos Científicas". 

Cada clase fixo varios experimentos científicos que logo mostrou a outras aulas. Xuntámonos nunhas irmandades mesturadas por idades. 

4º INFANTIL: vaso de cores e vermes bailaríns

3º PRIMARIA: erupción volcánica

5º PRIMARIA: roomba caseira e ovo saltarín


5º INFANTIL: foquete a reacción e pau atrapado

2º PRIMARIA: tensión superficial da leite e da auga


6º INFANTIL: globo que se infla so e debuxo invisible

4º PRIMARIA: lámpada de lava



1º PRIMARIA: debuxos máxicos

6º PRIMARIA: debuxos flotantes e bolsa antifugas


EXPERIMENTO DA AULA DE INGLÉS


xoves, 23 de febreiro de 2023

MÚSICA E EVOLUCIÓN

 Hoxe pola mañá o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° asistimos a un concerto de música tradicional organizado polo concello de Santiago de Compostela no auditorio de Galicia. O título do concerto foi "Música e Evolución" a cargo de Pablo Carpintero e Rosa. Nel se lle presentou ao alumnado a relación entre o nacemento dos primeiros instrumentos musicais e a infancia humana.



venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO

 Hoxe festexamos o remate do Entroido. Disfrazámonos de varias festas típicas da vila e demos un paseo pola mesma ao ritmo da batucada. Fomos aompañados polos nenos e nenas da Escola Infantil De O Parque. Fixemos unha parada para cantar e bailar a canción "festa".

Ao chegar ao colexio xogamos e comemos as filloas que nos fixeron Yolanda, Chano e Manolo. Mil grazas, estaban boisímas!!!

Foi un día estupendo e cheo de troula no que non faltaron sorrisos e diversións.


 

xoves, 16 de febreiro de 2023

O MECO

 Viñemos todos e todas con algo azul e lucimos así de ben











Mañá será o gran día do entroido



mércores, 15 de febreiro de 2023

martes, 14 de febreiro de 2023

O MECO

Hoxe fomos ben escoitados con tanto ruído que fixemos Montamos unha gran orquestra por todo o colexio.

Que tocará mañá?


luns, 13 de febreiro de 2023

venres, 10 de febreiro de 2023

COMEZAMOS CO MECO...

 Chegou outro ano máis o Meco ao noso colexio. Para a semana estaremos disfrazándonos atendendo aos seus mandadiños. 


O luns comezamos...

ROTEIROS

Que día máis bo tivemos hoxe!!!

O alumnado de 1º e 2º de Primaria fixo unha andaina polos muíños do rego de San Tomé en Baroña.

Tivemos un magnífico guía, Ovidio, o Presidente da Comunidade de Montes de Baroña. Explicoulles á rapazada todo o relacionado cos muíños, para que se empregaban, as distintas partes, curiosidades, ... Así mesmo foinos falando da fauna e flora do lugar.

Logo de facer este pequeno percorrido levounos a amasar pan. Cada un fixo un boliño e unhas compañeiras de Ovidio metéronos no forno. Estivemos un rato xogando e cando estiveron cocidos cada quen degustou o seu pan. Que rico!!!

Foi un día distinto no que aprendemos moitas cousas. Grazas Ovidio.


xoves, 2 de febreiro de 2023

WHAT MONSTER?

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria acudimos ao auditorio da Fundación ABanca para asistir a obra en inglés " What Monster?" realizada pola compañía de teatro On Stage. A trama desenvólvese nun campamentos de verán que está maldito. Un monstruo, unha mascota e dous instructores moi divertidos puxeron á proba ós campistas nunha obra que nos ensina a confiar en nós e mellorar a nosa autoestima.

Aproveitamos o día e as raiolas do sol e fomos dar un fantástico paseo pola zona vella de Santiago. Visitamos varios lugares históricos como a fonte dos cabalos na praza das Platerías, a catedral na praza do Obradoiro e merendamos na praza da Quintana. Foi un día fabuloso.