Páginas

martes, 27 de abril de 2021

RECANTO CÓDIGOS QR


E xa temos dispoñible na nosa biblioteca un pequeno espazo onde atopar unha selección de fondos dotados con códigos QR. Nesta ocasión, dende o equipo de biblioteca animámosvos a ampliar a experiencia en relación coa lectura e acompañala da súa versión dixital. A través destes códigos poderedes acceder a diferentes enlaces relacionados co título en cuestión (contacontos, cancións, xogos, etc). Escaneade o código que atoparedes nas portadas e descubride as súas posibilidades, para elo tan só teredes que descargar unha pequena aplicación no voso dispositivo (móbil ou tablet) que vos permita acceder a eles.




Con esta iniciativa contribuímos ao desenvolvemento aos seguintes obxectivos da Axenda 2030


sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO. XII CARREIRA POLA LECTURA

E unha vez máis para celebrar o día do libro, no Ceip de Portosín, únense o deporte e a animación a lectura.

Dado que nesta ocasión non foi posible a asitencia das familias nin dos colexios e escolas que habitualmente participan connosco, queremos compartir unha pequena mostra fotográfica deste evento mediante a seguinte presentación.

 
 
O noso recoñecemento polo esforzo realizado por parte do alumnado participante e agadecemento a todas as entidades e persoas que coa súa colaboración fan posible este día!

E nada mellor para rematar esta entrada que mostrarvos o deseño dos dorsais e os lemas realizados en cada curso en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua galega





luns, 19 de abril de 2021

CONCURSO DESEÑA A TÚA MASCOTA

Todos os Xogos Olímpicos precisan dunha mascota, polo que dende o cole decidímonos a relizar un concurso para o seu deseño, co obxectivo de que a mascota gañadora sexa recreada en formato 3D.

             Foron moitos os participantes e puidemos ver deseños de gran calidade,!

Logo de moito deliberar... presentamos as tres finalistas e por suposto a mascota gañadora (premede no enlace ao vídeo para descubrilas)



Noraboa a todos os participantes polo seu compromiso e creatividade, todos/as sodes gañadores/as!


mércores, 14 de abril de 2021

NOVOS RECANTOS NA BIBLIOTECA

Coa incondicional axuda dos nosos colaboradores e dalgunhas familias que nos proporcionaron diversos materiais, poidemos reorganizar a biblioteca e introducir dous novos recantos.


Nestes días comezamos a estrealos!

Deste xeito favorecemos tamén a contribución dos obxectivos de desenvolvemento sostible nº 4 e 10  presentes na axenda 20/30