Páginas

domingo, 31 de xaneiro de 2021

Día da paz e da non violencia


Chegamos a este día tan especial no calendario, este ano non foi posible invitar ás familias como ven sendo habitual, pero sí queremos compartir con toda a comunidade educativa un anaco desta celebración, na que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, loitador incansable pola paz e pola non violencia.

Dende o blogue da biblioteca, da man dos nosos colaborador@s, temos o pracer de presentarvos o videoclip realizado por todo o alumnado do colexio, co gaio de conmemorar o día da paz e da non violencia. Esperamos que o desfrutedes! (premede na imaxe)




    Nesta xornada tamén realizamos unha pequena representación do acendido das nosas "chamas olímpicas pola paz", un acto simbólico no que tamén se da comezo ao Proxecto Documental Integrado, no que todo o centro se verá inmerso durante os vindeiros meses. 

    Compartimos as seguintes imaxes desta ceremonia, nas que se denota a ilusión e a ledicia expresada polo alumnado neste día. 


                       


Despois da lectura do manifesto por parte dos alumnos de sexto, a nosa abandeirada foi levando por todas as aulas unha "antorcha" orixinal dos xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Un encargad@ de cada aula portaba un facho do que a abandeirada tomou o lume para rematar ao final do percorrido co acendido do pebeteiro.