Páginas

mércores, 16 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE REDEIRAS

 Dentro do Proxecto de centro "O mar e a pesca", tratamos os diferentes oficios relacionados con este eido, entre eles como non, o de REDEIRA. E que mellor forma de aprender que a través da vivenciación! Polo que hoxe tivemos un taller onde nos enseñaron "la mar" de aspectos do seu traballo diario. Non podemos estar máis agradecidos/as e máis orgullosos/as delas! Por iso vos queremos deixar unha mostra desta xornada tan especial 





martes, 15 de marzo de 2022

OBRADOIRO CORRESPONSABILIDADE

Da man do Concello de Porto do Son o alumnado de 6º de Educación Primaria puido participar nun obradoiro sobre corresponsabilidade. O venres, tivo lugar unha primeira sesión na que o alumnado analizou de xeito crítico a porcentaxe de labores que realizaban nos seus fogares. Na segunda xornada, levouse a cabo unha parte máis práctica que consistiu en que os rapaces e rapazas se organizasen, traballando de forma cooperativa, co fin de sacar adiante as tarefas habituais dun día no fogar. Velaquí unha mostra desta actividade!



martes, 8 de marzo de 2022

8 M "Mulleres de sal"


  Nesta xornada conmemórase o Día Internacional da muller, dende o CEIP portosín quixemos brindarlle unha cálida homenaxe ás nosas "Mulleres de Sal" que durantes estes últimos días nos deron a coñecer os seus oficios relacionados co mar e a pesca. Sentíndonos orgullosos de todas elas e agradecidos por todas as ensinanzas que nos aportan. Deixamos unha pequena mostra deste acto homenaxe que facemos extensible a todas e cada unha das mulleres que cada día loitan polos seus dereitos.

Premede na seguinte imaxe:



Conversa con María León. Patroa no cerco

Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha auténtica "Muller de  Sal" que é quen de gobernar unha embarcación. Titulada como patroa, é a única muller que faena a bordo no cerco de Portosín, superando as barreiras que día a día supón esta dura profesión.

 


Para que todas e todos poidades coñecer un pouco máis de preto a esta heroina, deixamos o enlace a dúas reportaxes que ofreceu anteriormente. Premede nas imaxes!