Páginas

mércores, 24 de abril de 2024

OBRA DE TEATRO "PINGÜÍN"

 Hoxe o alumnado de infantil gozou dunha xornada lúdico-instructiva na cal se desprazou ata o Auditorio de ABANCA en Santiago de Compostela para asistir a obra de teatro titulada Pingüín. Foi unha obra moi divertida e amena que aborda a difícil situación á que se enfrenta un neno/a cando ten que compartir o cariño e atención da súa familia con un novo irmá/n. O protagonista superou esta proba dándose conta de que gañou unha amizade para toda a vida. Gustounos moito!

Aproveitamos o bo día para xogar no parque, merendar rodeados da natureza e dar un paseo polas fermosas rúas da zona vella de Santiago. Pasámolo en grande!




OBRADOIRO DEPORTE INCLUSIVO. ASOCIACIÓN MISELA

 Hoxe o alumnado do segundo ciclo de primaria participou nunha xornada de deporte inclusivo impartida pola organización Misela. Os alumnos e alumnas xogaron ao bádminton, aos bolos, ao baloncesto, ao fútbol,... pero sempre con limitacións como por exemplo unha man atada atrás, con antefaces que lle impedían a visión ou poñéndose na pel dunha persoa que ten que facer uso dunha cadeira de rodas. Fomentamos así a importancia dunha inclusión real da xente discapacitada. Resultou unha actividade moi positiva e gratificante. Moitas grazas por vir!





XV CARREIRA POLA LECTURA

 Seguimos conmemorando o día do Libro no Ceip Portosín. Unha vez máis unificamos o deporte e a animación á lectura festexando a XV Carreira pola lectura. Tivemos con nós uns participantes moi especiais da Escola Infantil de O Parque e tamén o alumnado e profesorado do Ceip Sobrado-Nebra. Pasámolo en grande e nada mellor que promover hábitos de vida saudable e, ao mesmo tempo, fomentar a lectura. Destacar o noso recoñecemento polo esforzo realizado por parte das familias e alumnado participante e o agradecemento á colaboración do Concello do Porto Do Son. Parabéns a todos/as os/as corredores!!!


E nada mellor para rematar esta entrada que mostrarvos os deseños dos dorsais realizados por cada curso en colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, nesta ocasión realizada de forma artística sobre a representación de diversas esculturas do recoñecido artista Eduardo Chillida, profundizando unha vez máis na temática do noso PDI de centro.



martes, 16 de abril de 2024

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Continuamos aportando coñecementos a nosa bagaxe artística poñéndo énfase neste caso na música, avanzando así no noso PDI de centro.

Asistimos a un obradoiro de ecopercusión da man de Edgar. Participamos activamente e convertémonos en verdadeiros artistas.
Grazas Edgar.



sábado, 13 de abril de 2024

Acto a prol da erradicación de conflictos.

Uníndonos a outros centros educativos e en consonancia co obxectivo de desenvolvemento sostible 16 (paz xustiza e institucións sólidas), dende o noso centro, celebramos un pequeno acto solicitando a paralización dos conflitos bélicos en todo o mundo. Reclamamos unha sociedade pacífica, na que todas as persoas do mundo (en especial os nenos e nenas) sexan quen de vivir libres de medo a calquera acción que implique violencia e impida que poidan sentirse seguras no seu día a día.