Páginas

mércores, 28 de febreiro de 2024

OBRA DE TEATRO "NINJA"

 Hoxe o alumnado de 3°,4°,5° e 6° de Primaria desprazouse ata o teatro Principal de Santiago de Compostela para asistir á obra de teatro titulada "NINJA", a cargo da compañía GHZAFELHOS. Unha obra moi interesante e instrutiva que aborda a temática do acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade.

Aproveitaron o día para dar un paseo pola zona vella de Santiago e pola alameda, na cal merendaron rodeados das súas fermosas paisaxes.



venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía. 23 febreiro 2024

 

23 de febreiro. Hoxe conmemoramos o aniversario de Rosalia, para rendirlle homenaxe a esta grande autora, no cole levamos a cabo varias actividades. En consonancia con oso Pdi “Música e arte”, creamos unha obra colaborativa na que participou todo o alumnado, tamén se realizaron autoretratos da autora a nivel de aula (5º de primaria). Ademais o xoves contamos coa presenza dunha auténtica Rosalía representada por María unha marabillosa actriz a cal nos narrou a historia de Rosalía en primeira persoa, unha obra interactiva na que colaboramos recitando diferentes  poemas da autora. Moitas grazas Maricarmen por permitirnos desfrutar da túa exquisita interpretación.


 

 

mércores, 21 de febreiro de 2024

Espectáculo circense "Só"

 Hoxe o alumando de 1º e 2º de primaria desprazouse ata Santiago de Compostela para desfrutar dun espectáculo circense, a cargo da compañía Xampatito Pato, titulado "Só".
Aproveitamos tamén para facelle unha pequena visita ás "Dúas Marias" e por suposto, gardamos un anaquiño de tempo para saborear unha rica merenda rodeados das paisaxes da Alameda. 





venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO

 Hoxe festexamos o remate do Entroido.

Seguimos traballando no PDI do centro e disfrazámonos de varios estilos musicais. Por motivos meteorolóxicos tivemos que quedar no colexio pero con moitas ganas e alegría fixemos os nosos desfiles e a bailar...

Para rematar comemos as filloas que nos fixeron Yolanda, Chano, Manolita e Manolo. Mil grazas, estaban boísimas!

Unha festa xenial!!!

xoves, 8 de febreiro de 2024

Froitómetro xaneiro

 No cole seguimos apostando pola alimentación saudable con noso popular froitómetro. Hoxe correspondeulle recibir o seu tan merecido agasallo ao alumnado máis froiteiro do mes de Xaneiro! Noraboa aos campións/as!


 

 

Mandadiño para o VENRES

Que quentiños viñemos hoxe ao colexio..., listos co pixama para durmir unha sesta!



 E rematamos a semana, para o VENRES o Meco di...

mércores, 7 de febreiro de 2024

Mandadiño para o XOVES

Hoxe rimos a gargalladas vendo todo o que trouxemos nos pés. 

Foi moi divertido!

Continuamos, para o XOVES o Meco di...

martes, 6 de febreiro de 2024

Mandadiño para o MÉRCORES

Hoxe cantamos e bailamos cos micrófonos e anteollos.

Viñemos moi molóns! 

Mañá continuamos, para o MÉRCORES o Meco di...

luns, 5 de febreiro de 2024

Mandadiño para o MARTES

Comezamos a semana cheos de cicatrices e sangue....

QUE MEDO!!!


 Seguimos, para o MARTES o Meco di...

xoves, 1 de febreiro de 2024

MANDADIÑOS DO MECO 2024.

 A próxima semana volve o Meco ao noso cole, este ano ven feito un artista! aquí vos deixamos os seus mandadiños: