Páginas

venres, 27 de outubro de 2023

#24 0. “A NOSA BIBLIOTECA, UN ESPAZO ABERTO AO ARTE”

 
Este ano o lema principal das bibliotecas escolares de Galicia (UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS) céntrase na banda deseñada, pretendendo poñer o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular. Durante esta semana dende a biblioteca do noso centro, como forma de conxugar esta temática co tema central do noso PDI e co gaio da celebración do día das Bibliotecas Escolares (24 de Outubro) levamos a cabo as seguintes tres propostas baixo o lema #24 O. “A NOSA BIBLIOTECA, UN ESPAZO ABERTO AO ARTE”

-          Instalación artística cos tres títulos favoritos de cada un dos cursos.

-          Exposición en formato cómic das recomendacións de banda deseñada de cada aula. 

-          Taller de carautas internivel dos personaxes de conto máis terroríficos.

 Nas seguintes presentacións podedes ver un resumo destas tres propostas. 








 


xoves, 26 de outubro de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

As nosas mochilas inician a súa viaxe este curso cargadiñas de lecturas, pero tamén de posibilidades para descubrir o lado máis creativo dos noso alumnado!




 

martes, 24 de outubro de 2023

Os Monifates

 

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares acompañados/as polos Monifates, unha parella de artistas ambulantes composta por un músico e un artesán, responsable da elaboración tanto de instrumentos coma dos monicreques que os acompañan.

Música, baile, artesanía e tradición a esgalla! Son os ingredientes que nos fixeron pasar unha sesión incriblemente divertida. Grazas Xosé e Alberto por acompañarnos neste día.