Páginas

sábado, 30 de abril de 2022

XIII CARREIRA POLA LECTURA

Logo de varios días de choiva por fin puidemos festexar no Ceip Portosín a XIII Carreira pola Lectura. Tivemos con nós uns participantes moi especiais da Escola Infantil de O Parque.

Destacar o noso recoñecemento polo esforzo realizado por parte do alumnado participante e agradecemento á colaboración do Concello do Porto Do Son.

Pasámolo en grande e nada mellor que promover hábitos de vida saudable e, ao mesmo tempo, fomentar a lectura.

E xa sabedes: "se queres aventuras lánzate á lectura".




martes, 26 de abril de 2022

A LINGUAXE ESQUECIDA

 Hoxe asistimos á presentación dun espectáculo familiar baseado na disciplina positiva.

Este leva o título de "A LINGUAXE ESQUECIDA" de PAPABUIS. 

Foi unha animación ofrecida polo Consorcio Editorial Galego.

Bailamos a moreas, cantamos con moita forza e rimos a gargalladas. No vídeo podedes ver unha pequena mostra da nosa actuación. Somos uns artistas!!!

mércores, 6 de abril de 2022

MARIÑA, CONTOS NACIDOS DO MAR

Dende o CEIP Portosín continuamos traballando arreo sobre o noso proxecto "A PESCA E O MAR". Neste caso asistimos a un contacontos titulado "MARIÑA, CONTOS NACIDOS DO MAR"

Mariña contoulle ao seu fillo dúas lendas do mar: unha explicando porque a auga do mar era salgada e outra na que contaba a razón de porque as baleas abandonaron a terra para vivir no mar. 

Foron historias moi interesantes nas que participamos facendo sons, xestos, comentarios, ... e ademais a través delas aprendemos dunha forma lúdica e moi entretida a importancia dunha boa practica no oficio da pesca, da reciclaxe, da sostibilidade e do respecto.

Encantounos!!!