Páginas

venres, 25 de novembro de 2022

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Nestes días estivemos traballando as mensaxes de cancións con letras ofensivas para o xénero feminino. Non estando dacordo con estas letras e baixo o noso lema "PERREA CONTRA O MACHISMO" quixemos darlle a volta creando un versos máis divertidos e orixinais, e o máis importante, textos respetuosos e libres de discriminación.

E hoxe no Día contra a Violencia de Xénero, repartimos as nosas creacións polos establecementos da vila para que todos e todas podades gozar coas nosas cancións. Animádevos a cantalas!!! Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

Continuamos no colexio a conmemoración deste día lendo un manifesto feito polo maiores e cantando tod@s xuntos a canción que leva por título "DEIXA EN PAZ", acto ao que asistiron as familias.



xoves, 24 de novembro de 2022

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO RESPONSABLE

 Contamos no colexio coa visita dunha traballadora do Instituto Galego de Consumo. Asistiron a este obradoiro o alumnado dende terceiro ata sexto de primaria. 

Explicounos como debe ser o etiquetado dos artículos que podemos consumir e toda a normativa que deben cumprir.  Facendo fincapé na recente chegada do Nadal falounos tamén sobre o consumismo e a influencia da publicidade que nos leva a mercar cousas que realmente non precisamos.

Logo traballamos un pouco e fixemos un boneco de neve con materiais de refugallo.

Aprendemos moitas cousas que poñeremos en practica á hora de mercar calquer tipo de produto.




CULTURA POR ALIMENTOS

 Nestes días contribuimos coa Corrente Cultural que é unha iniciativa de Afundación. Trata dunha campaña solidaria de Cultura por Alimentos, é dicir, nós acudimos á Casa da Cultura para ver unha exposición e a cambio doamos alimentos non perecedoiros de primeira necesidade. Agradecer a colaboración das familias na aportación destes alimentos. Moitas grazas.

Un dos obxectivos desta iniciativa é a de sensibilizar aos máis pequenos e recalcar a solidariedade, a empatía e o coidado dos demais. Sentímonos moi orgullosos de poder axudar ás familias que máis precisan estes alimentos nesta situación tan crítica na que vivimos.





martes, 22 de novembro de 2022

OBRADOIRO DE IGUALDADE

 O alumnado de 5 anos, primeiro e segundo de primaria participaron nun obradoiro pola igualdade de xénero organizado polo Concello.

Foi unha obra teatral interactiva na que se simulou a participación nun concurso de televisión, Galicia Fem, e cuxo obxectivo era axudar á consursante a gañar dito consurso superando diversas probas como preguntas, cancións, xogos, ... relacionadas coa coeducación e a igualdade de xénero.





martes, 15 de novembro de 2022

PRESTIGE

 

Con motivo do vinte aniversario do afundimento do Prestige, quixemos darlle a coñecer ao alumnado o que foi e o que significou aquela traxedia para o noso país.
No colexio tivemos o pracer de recibir como convidados a dous veciños moi especiais, Isaac, patrón maior de Portosín e José Blanco, patrón do barco "Portosín". Os dous viviron aquel suceso en directo, indo limpar "chapapote", igual cá marea de voluntarios chegados de toda a xeografía española e doutros paises.
Con moito gusto e amabilidade respostaron todas as preguntas que lle fixeron as nenas e nenos de 3º a 6º de primaria.
Canto aprenderon! Moitas grazas aos dous.
 
Na seguinte presentación poderedes ollar tanto as imaxes da visita como a fantástica reportaxe, dirixida pola nosa teacher Marina, na que o alumnado pon voz ao acontecedido naquelas datas.
 
 

 
 

 

luns, 14 de novembro de 2022

MAGOSTO

 O 11 de Novembro festexamos o Magosto no Ceip Portosín. Nunha mañá expléndida comezamos facendo uns roteiros para abrir o apetito e gozar da paisaxe costeira da nosa vila.

As nenas e nenos de Infantil foron ata o Loreto, onde fixeron unha camiñata adaptada á súa idade, durante a cal puideron obervar castiñeiros, ourizos, castañas, cogumelos, carballos, xestas, ... e experimentar con eles.




Os de 1º e 2º de Primaria camiñaron ata Miñortos, alí visitaron o Ecoglamping Amaraxe, un exemplo de sostibilidade que puidemos gozar grazas á amabilidade de Chefa e de Lía. Merendamos no Camping de Punta Batuda para logo ir xogar coas castañas na horta de Rosa, histórica e querida mestra do noso centro. 


O alumando de 3º a 6º de Primaria andiveron arreo ata Punta Cabalo, facendo un paréntese para visitar o Náutico de Portosín, e voltaron ao colexio facendo unha ruta circular.


Sobre a unha o alumnado, familias e persoal docente o non docente gozamos das castañas que nos asou Serafín. Que boas estaban!!!