Páginas

sábado, 21 de maio de 2022

Visita Rogelio Santos Queiruga

 Si falamos do mar, da pesca e da sostibilidade, proxecto no que o alumnado do noso centro se leva implicando durante todo este curso, non nos podía faltar esta visita, Rogelio Santos Queiruga, veciño de Porto do son, mariñeiro e gran defensor e divulgador do coidado do noso mar.

Moi a miúdo podemos velo nas redes sociais e noutros medios demostrando que sí, sí se poder vivir do mar pero con sentidiño. Porque non só vale falar, senón que debemos predicar co exemplo.

Con el descubriunos algunhas especies da fauna mariña galega que non coñeciamos e tamén algunhas curiosidades destes animais. Ademais a través do seu conto “O pinto Ghallan” recordounos a importancia de manter o mar limpo e que si mañá queremos pescar, hoxe debemos deixar medrar.

Foi todo un pracer poder compartir a túa sabedoría e o teu bo facer diario Rogelio, dende aquí a nosa admiración e o noso agradecemento! 


 

Con esta iniciativa contribuímos fundamentalmente ao desenvolvemento do seguintes obxectivos da Axenda 2030