Páginas

venres, 22 de decembro de 2023

FESTA DE FIN DE ANO

 Onte celebramos no colexio a festa de fin de ano á cal viñemos moi elegantes. Comemos uns deliciosos churros obsequio da Anpa acompañados dun rico chocolate elaborado polo restaurante Portofino. Moitas grazas a todos/as, estaba todo riquísimo!

Tomamos tamén as 12 uvas ao ritmo das nosas propias badaladas.

Foi un día moi especial no que cantamos, rimos, bailamos, ...un día estupendo cheo de ledicia e emocións no que o pasamos xenial. 

Dende o Ceip Portosín desexamos que todos/as os/as membros da comunidade educativa pasedes unhas FELICES FESTAS e que se cumpran todos os vosos soños neste vindeiro ano 2024. Moitas grazas pola vosa colaboración.

VISITA DO APALPADOR

 Onte tivemos no colexio unha visita moi especial... veu apalpar as nosas barrigas O APALPADOR. Falamos con el, sacamos fotos, démonos abrazos... e trouxonos moitos agasallos. Que sorte tivemos!

Foi unha gran sorpresa que nos fixo moita ilusión e encheunos de ledicia. Grazas Apalpador!

mércores, 20 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL

 Despois de moito ensaio e esforzo chegou o gran día! Un día de moitos nervios pero tamén de moita ilusión que esperamos fose do voso agrado. Non queremos pasar sin dar milleiros de grazas a todo aquel e aquela que fixo posible este evento, co cal damos un paso máis tanto a nivel do proxecto de centro, como na aportación do noso gran de area para a cooperativa ESCAPE e a asociación ASANOG.

No seguinte vídeo podedes ver fotos das actuacións


martes, 19 de decembro de 2023

ROTEIROS

 Aproveitando que marchou a chuvia e para escorrentar o frío fixemos todo o alumnado do centro un roteiro ata o pavellón de Trapa.


xoves, 14 de decembro de 2023

WISH: O PODER DOS DESEXOS

 O alumnado de infantil, 1° e 2° de primaria foron ao cine a ver a película de "Wish: el poder de los deseos". É unha comedia musical que dá énfasis á vontade e valentía das persoas para conseguir que se cumplan os seus desexos e lograr así cousas marabillosas. Foi moi divertida e emotiva. Pasárono xenial!




mércores, 13 de decembro de 2023

Postais de Nadal

 Seguimos coa tradición ... O alumnado de Infantil elaborou unhas postais moi especiais para enviar as súas familias e felicitar as festas do Nadal. Con moitas ganas e ilusión achegáronse hoxe ao buzón para envialas. Dentro duns días chegarán a todas as casas ... Desexamos que vos gusten!!



 



martes, 12 de decembro de 2023

OBRADOIRO DE RECICLAXE

 Hoxe a Asociación Misela acudiu ao noso centro para participar nun obradoiro de reciclaxe co alumnado de teceiro e cuarto de educación primaria. Elaboráronse adornos de Nadal con botellas de plástico e demais materiais de refugallo.

Foi unha xornada moi especial e emotiva, de convivencia entre alumnado do centro e da asociación.
Moitas grazas pola visita.



luns, 4 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras de Nadal

 O Nadal é época de maxia, agasallos, momentos especiais cos seres queridos... e como non, de boas lecturas e xogos compartidos. Por iso dende Bibliocascabela queremos deixarvos unha serie de recomendacións que esperamos sexan do voso agrado!



venres, 1 de decembro de 2023

Resultados do 1º Froitómetro

 

Hoxe entregamos no cole os premios polo consumo de froita durante o mes de novembro.

Estamos moi orgullosos da nosa rapazada!!! Pois en todas as aulas se aumentou o consumo de froita durante as merendas.

Pero houbo uns campións e campioas que destacaron por incluír froita tódolos días do mes!!!

 
 

Non vos esquezades que con esta actividade: 

1.       Promóvense hábitos alimenticios saudables

2.       Aumenta o interese pola variedade de froitas

3.       Estimula a autonomía e a responsabilidade

4.       Crea un ambiente positivo ao redor da merenda

5.       Proporciona conciencia sobre a inxesta de froita

6.       Estimula o traballo en equipo e a participación familiar.

En decembro seguro que serán máis os cativos e cativas que consigan ese diploma!!!

Moitas gracias familias pola vosa colaboración, sen vós esta proposta educativa non sería posible!!!