Páginas

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

 No transcurso destes días estivemos traballando nas aulas o obxectivo de desenvolvemento sostible "Paz, Xusticia e Institucións Sólidas" que relacionamos tamén co noso Pdi do centro "Música e Arte".

E hoxe quixemos conmemorar o Día da Paz cunha xornada de convivencia escolar promovendo o intercambio e o traballo colaborativo entre tod@s fortalecendo o respecto mutuo e a cohesión social.

Comezamos a mañá realizando uns roteiros ata Punta Batuda e Testal.

E rematamos, no colexio, lendo un manifesto sobre a Paz e bailando un flashmob.

Un día colosal!

xoves, 18 de xaneiro de 2024

Charla saúde bucodental. Nati Mirás

Nesta mañá tivemos no colexio unha charla sobre saúde bucodental a cargo da odontóloga Nati Mirás. Grazas a iso o alumnado reforzou as súas aprendizaxes sobre o coidado das pezas dentais e outros consellos que contribúen a nosa hixiene e saúde bucodental. Dende o centro queremos agradecer a Nati a súa visita, os detalles que lle agasallou e o bo e agradable trato, respondendo a todas as curiosidades que lle ían expoñendo. Moitas grazas.