Páginas

martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Todo o alumnado estivemos elaborando unha árbore relacionada coa sostibilidade. Sacamos fotos con accións que axudan a mellorar o noso planeta como por exemplo cepillando os dentes co grifo pechado, recollendo lixo da praia, ducharse para aforrar auga, prantar árbores, recilando residuos, ... 

Onte, Día da Paz, o alumnado e o profesorado do cole fomos ata o Alto da Armada, dentro do noso Concello, para facer unha plantación no monte de cerdeiras e castiñeiros. En total plantamos máis dun cento de árbores. Esta tarefa fixérona posible Ovidio e os seus compañeiros e compañeiras da "Comunidade de Montes de Baroña". Encargáronse de aportanerno todo o preciso: árbores, preparación do terreo, ferramentas e ata unha merenda ben saudable. Non temos palabras para describir o ben tratados que nos sentimos e o agradecemento que nos merecen por permitirnos aportar o noso gran de area na contribución de lograr un monte máis sostible.

Ao voltar ó centro fixemos un breve acto para pechar a conmemoración deste Día. Nel, unha nena e un neno de 5º de primaria leron un manifesto no que solicitaban o compromiso que todos deberiamos ter coa Paz. Pechamos o acto cantando un par de cancións moi significativas neste día que ensaiamos nas aulas de inglés e de música.

Foi un día precioso en tódolos sentidos.




venres, 27 de xaneiro de 2023

INICIACIÓN AO REMO

 Hoxe o alumnado de Primaira participou nunha xornada de iniciación ao remo da man do Club do Mar de Noia que foi impartida polo adestrador Benito Horta. Fixo unha introdución a cada grupo mediante unha charla e vídeos para logo ir facer a práctica nos seis bancos móbiles. Tamén trouxo cinco embarcacións tanto individuais como dobles e incluso unha adaptada para a minusvalía física. 

O noso alumnado gozou dunha xornada lúdico-deportiva coñecendo as embarcacións, as disciplinas que existen, como se rema, ... profundizando así na importancia de facer exercicio. Foi unha actividade moi interesante.