Páginas

luns, 22 de maio de 2023

CONTACONTOS

Hoxe, todo o alumnado do colexio desfrutou dunha sesión de contacontos. Sara presentounos 4 historias cuxos temas centrais versaban sobre: o coidado das plantas e a necesidade de compartir auga, a contaminación do aire, as consecuencias da queima de resíduos e a importancia da separación do lixo. Grazas ao Consorcio Editorial por agasaiarnos coa actividade!


 

 

 

mércores, 17 de maio de 2023

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE

 O alumnado de infantil, 1° e 2° de primaria gozou onte dun día lúdico e pedagóxico. Foron ata Campo Lameiro para visitar o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre. Alí asistiron a varios obradoiros: pintura coas mans, cerámica coas mans e sementes do pasado. Tamén deron un paseo polo parque aprendedo aspectos sobre os petróglifos e os poblados antigos. Por último quedaron abraiados cunha gran exhibición de lume. Foi un día fabuloso e pasárono xenial!!!




martes, 16 de maio de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe quixemos honrar a figura de Paco del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano 2023. Fixémolo da man de Blanca Roig, profesora da USC, amiga íntima de Paco, avoa de dúas alumnas do centro e veciña de Portosín. A verdade é que non lle podemos estar máis agradecidos á nosa convidada por achegarnos á figura deste autor tan polifacético, que ao longo da súa vida sempre se mantivo nun segundo plano a pesares de ser un traballador e defensor incansable a prol da cultura e do idioma galego. Cantámoslle a canción “A miña burriña” que a el tanto lle gustaba e mesmo lle engadimos algunha estrofa nova. Fixémolo alzando as mesmas pombas coas que foi despedido no seu pasamento aos 97 anos, xa fai 13 anos. Para rematar a mañá, as nenas e nenos de cuarto de primaria fixéronlle unha breve entrevista que gravamos para o noso recordo. Blanca! Grazas por darnos a coñecer ao verdadeiro PACO DEL RIEGO. Foi un pracer.



sábado, 13 de maio de 2023

XIV CARREILA POLA LECTURA

 Chegou por fin o momento de conmemorar o Día do Libro no Ceip Portosín. Unha vez máis unificamos o deporte e a animación á lectura festexando a XIV Carreira pola lectura. Tivemos con nós uns participantes moi especiais da Escola Infantil de O Parque e tamén o alumnado e profesorado do Ceip Sobrado-Nebra. Pasámolo en grande e nada mellor que promover hábitos de vida saudable e, ao mesmo tempo, fomentar a lectura. Destacar o noso recoñecemento polo esforzo realizado por parte das familias e alumnado participante e o agradecemento á colaboración do Concello do Porto Do Son. Parabéns a todos/as os/as atletas!!!


E nada mellor para rematar esta entrada que mostrarvos o deseño dos dorsais realidazos por cada curso en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua galega


xoves, 11 de maio de 2023

CONTACONTOS SON SAN

Hoxe o alumnado de infantil, 1° e 2° de primaria asistiu a un contacontos titulado SON SAN e creado por Raquel Queizás. Foi un espectáculo de monicreques acompañado de música e pequenas coreografías. Dunha forma moi lúdica e acompañados do protagonista Xan, aprendemos a importancia de facer exercicio, ter unha boa hixiene e unha boa alimentación. Tamén fomentamos a sostibilidade pois os materiais foron feitos todos con material de refugallo. Rímonos moitísimo e pasámolo xenial. Moitas grazas Raquel!!!



xoves, 4 de maio de 2023

OS MAIOS

 Chegaron os Maios ao Ceip Portosín. Hoxe o alumnado de infantil tivo unha xornada moi especial na que o pasaron xenial manipulando os pampillos. Cortáronlle os tallos, selecionaron as flores e enfiáronnas. Fixeron uns collares e pulseras espectaculares!!!