Páginas

luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2022

 

Este curso celebramos o Dia da paz e da non violencia tomando aos faros como símbolo, faros que a cotío guían o camiño de tantos barcos e que nesta ocasión pretendemos que guíen tamén as nosas mensaxes de paz. Despois de realizar unha pequena investigación sobre o faro escollido cada grupo clase elaborou a súa mensaxe de paz que serán alumeadas polos nosos GUIEIROS DA PAZ

Durante a celebración tamén se levou a cabo a lectura do manifesto pola paz realizado polo alumnado de 6º de Educación Primaria e a interpretación de dúas cancións unha en galego e outra en lingua inglesa.

Preme na imaxe para acceder a presentación.