Páginas

mércores, 20 de marzo de 2024

Soledad Penalta. PDI Música e Arte

 Seguimos profundizando no PDI do centro. Neste caso coñencendo a vida e obra de Soledad Penalta, escultora da vila de Noia. 

Explicounos como foi a súa traxectoria laboral destacando as barreiras que atopou polo camiño debido a desigualdade entre homes e mulleres. Moitas grazas por vir e aportarnos tantos datos interesantes e facernos reflexionar.
 


 

luns, 18 de marzo de 2024

Charla: Educación sexual.

 O venres tivemos no cole unha charla sobre educación sexual con Laura, a matrona de Porto do Son. Asistiron á mesma o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria de Nebra e o alumnado de 6º de primaria de Portosín. Moitas grazas Laura!


venres, 8 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No Ceip Portosín seguimos traballando no PDI do centro e para ilo, neste día "8M" visitounos a ilustradora Alba Vázquez que estudou Belas Artes en Salamanca e fixo un máster de Ilustración en Barcelona.
Leváronse a cabo tres obradoiros de arte diferentes:
    O obradoiro de educación infantil comezou cun conto sobre as cores e as súas mesturas e logo fixeron unha experimentación con pintura acrílica.
    O obradoiro do primeiro ciclo consistiu nunha estampación con pintura acrílica e matrices de cartón e goma eva.
    O obradoiro do segundo e terceiro ciclo foi sobre o debuxo manga.
Ensinounos diversas técnicas e curisosidades sobre a arte. Moitas grazas Alba, encantounos!

venres, 1 de marzo de 2024

Froitómetro febreiro

 

Hoxe celebramos a entrega de premios das nosas merendas saudables correspondentes ao mes de Febreiro. E como sabemos que máis froita é igual a máis saúde, seguiremos sumando! Noraboa gañadores/as.