Páginas

xoves, 30 de marzo de 2023

FAI CLIC AO TEU BOCATA 2023

Hoxe 30 de marzo o alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria asistiron ao obradoiro "Fai clic ao teu bocata" pertencente ao programa Aliméntate Ben do Plan Proxecta. Nel falouse da importancia dunha alimentación saudable. Tamén visionaron un vídeo da captura da sardiña, así como do seu envasado nas conserveiras ata chegar ao consumidor nos mercados. Todos os contidos vistos puxéronse en práctica a través dun xogo do que a rapazada puido desfrutar dunha maneira activa e moi motivadora. Xa para rematar preparáronlle un bocata con produtos saudables.



sábado, 11 de marzo de 2023

8m MULLERES PIONEIRAS

Durante esta semana e en relación a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora convertémonos en reporteiras e reporteiros para recibir e entrevistar a mulleres da nosa vila, mulleres pioneiras, valentes e arriscadas que traballaron arreo para acadar os seus obxectivos e que nos abraiaron con cada unha das súas historias! Con todos os datos recopilados nas entrevistas, o alumnado creou unha banda deseñada de cada unha delas.

A todas lles debemos o noso respecto e admiración, así como o agradecemento por compartir connosco o seu tempo e sabedoría, para agradecelo, queremos conmaprtir tamén convosco un anaquiño destes momentos.

 A continuación poderedes ver un vídeo presentación e se clicades nas imaxes dos cómics tamén poderedes acceder as diferentes entrevistas realizadas.





                       








mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 


Hoxe reunímonos na biblioteca do centro co fin de conmemorar Día Internacional da muller. Abrimos o acto coa canción de Guadi Galego "Matriarcas". Logo disto, visualizamos dous vídeos cuxo contido versaba sobre as razóns da celebración e as 12 accións do 8m

   
 

Despedimos o acto cantando "Son muller" (Máis boas cas patacas) e xa para rematar, establecemos pequenos debates por cursos a partires da visualización de varias curtametraxes relacionadas co 8 M.

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do día

 






sábado, 4 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Aínda que cuns días de retraso hoxe homenaxeamos á nosa poetisa máis universal. Baixo o lema" O xardín de Rosalía, desde Padrón a Porto do Son" cada unha das aulas sementou un poema relacionado coa autora, coa nosa vila e co proxecto de centro e lémolos na nosa biblioteca.


Acompañounos o "profe Insua" que aínda que xubilado, continua máis activo ca nunca e cantounos uns poemas de Rosalía que el mesmo musicou. Encantounos e quedamos con ganas de máis. Moitas grazas profe!!!