Páginas

domingo, 24 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Outro ano máis celebramos o día das bibliotecas escolares, nesta ocasión sumerxímonos nun mar de lectura coas recomendacións do noso alumnado 



sábado, 16 de outubro de 2021

X LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS

 

 


O venres 15 de outubro quixemos sumarnos a unha das iniciativas propostas por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). O obxectivo desta asociación é mobilizar ao maior número de entidades, entre elas os Centros de Ensino Galego, a través dunha xornada de limpeza simultánea das praias da contorna co cometido de denunciar esta problemática ambiental.

Un dos aspectos recollidos no PDI deste ano escolar é a concienciación sobre a importancia do coidado dun dos nosos bens máis prezados: o mar. Para abordar isto, desde o centro valoramos a participación no Contrato Programa EDU Sostibilidade. 

Aínda  que o traballo  comeza coa reflexión dentro das aulas, cómpre poñer o aceno na funcionalidade, pois sabemos que obtense o sentido máis práctico con accións como a que vos presentamos a continuación!



Sen dúbida unha experiencia moi enriquecedora, pero isto tan só é o comezo, pois seguiremos profundizando neste eido a través de diversas experiencias!

Con esta iniciativa contribuímos fundamentalmente ao desenvolvemento do seguinte obxectivo da Axenda 2030

mércores, 6 de outubro de 2021

BENVIDOS !

Chegou outubro e con el a apertura da nosa bibblioteca, iniciaremos a campaña lectora deste curso co mar e a pesca como tema central, en relación co PDI anual do centro. Tamén voltaremos a abrir as súas portas polas tardes, os Luns, Mércores , Xoves e Venres de 16:00 a 18:00. (Entrarán segundo a orde de chegada ata completar o límite de aforo, tendo en conta a obrigatoriedade de cumprimento das medidas establecidas no protocolo covid-19) 

As actividades ofertadas polas tardes son as seguintes:

- Consulta de información, de xeito autónomo, nos fondos e ordenadores da biblioteca

- Zonas de lectura

- Uso do espazo maker

Esperámosvos!


 


luns, 4 de outubro de 2021

PLAMBE

Xa estamos de volta! Comezamos un novo curso cunha moi boa noticia. Despois de moito esforzo o noso centro ven de ser incluído entre as bibliotecas PLAMBE de bibliotecas escolares de Galicia, un programa que está a impulsar a transformación das bibliotecas escolares e que nos vai permitir realizar grandes melloras na nosa biblioteca.


Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa participación nas diferentes actividades propostas ata o de agora e animarvos a que sigades participando nos vindeiros proxectos, os cales non teñen outro sentido que mellorar a calidade educativa ofrecida aos estudantes dende o noso centro coa biblioteca como centro de recursos.