Páginas

luns, 7 de xuño de 2021

PDI Xogos Olímpicos Portosín 2019-21

Hai ano e medio comezamos, moi ilusionados, un proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos. Aínda que este curso 2020/2021 foi un ano moi especial,  nada impediu que puideramos continuar coas nosas tarefas de investigación, obradoiros, charlas, entre outras actividades. Con todas estas experiencias, fomos tecendo unha bandeira de traballo conxunto. Agora, é hora de izala e poder compartir o resultado desa labor por medio de este pequeno tráiler, no que se fai un pequeno percorrido das diferentes experiencias vividas e co que rematamos este proxecto de centro. Nel, cada un de nós aportou o mellor de sí, porque en conxunto somos, como di o lema dos Xogos Olímpicos "Citius, Altius, Fortius” ou o que ven sendo o mesmo "máis rápidos, máis altos e máis fortes".

CLICAR NA SEGUINTE IMAXE!


Se queredes ver os filmes completos, dos traballos de investigación realizados en cada un dos cursos e especialidades, premede en cada un dos enlaces que vos deixamos a continuación

  4ºEI     5ºEI     6º EI   1º E 2º DE EP   3º EP   4ºEP     5º EP    6ºEP

                       MÚSICA                   INGLÉS 

Ningún comentario:

Publicar un comentario