Páginas

xoves, 4 de novembro de 2021

Magosto

Non podemos dicir que este ano non nos acompañara o verán do San Martiño....

Para celebrar o Magosto fixemos unhas andainas pola contorna:

Infantil achegouse ata os arredores do Loreto.


1º e 2º foron ver uns castiñeiros , logo fixeron unha parada na finca da Teacher Rosa, que xunto coa mestra Carmela (ámbalas dúas recentemente xubiladas) tiñanlles uns xogos preparados!!! 




Moitas grazas mestras, botámosvos moito de menos no centro!!!


3º,4º,5º e 6º chegaron ata Abelleira.

   

                  


Á volta todo o mundo tiña fame, así que por grupos fomos buscar as castañas asadas!!!


A sorpresa chegou máis tarde cando escoitamos uns gaiteiros adentrarse no centro!!!



Vaia xornada máis enxebre e divertida!!!

Moitas grazas por amenizarnos a merendola sen pedir nada a cambio máis que os sorrisos dos nenos e nenas.

AUDIO CONTO CO ALUMNADO DE 5º

 Nesta semana do Samaín, uns voluntarios da clase de 5º participaron nunha gravación para porlle voz ás personaxes dun conto. 

"Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa"


Este libro acaba de saír ao mercado, a súa autora é Susanna Isern.

Daniela pirata xa é unha coñecida na nosa biblioteca, pois xa temos outros libros coas súas aventuras. 

Nesta ocasión, quixemos presentarllo aos cativos cun audioconto gravado por nenos e nenas do cole.

Estes son os valentes colaboradores e colaboradoras.



Aquí vos deixamos o enlace para poder escoitalo.
 

mércores, 3 de novembro de 2021

Samaín

    Este foi un samaín "la MAR" de mariñeiro na que tivemos unha visita moi especial. A bruxa Maruxa e as súas amigas, as meigas do mar, cuxa principal misión é a de encargarse do coidado do océano e as praias da contorna. Cando se enteraron que os nenos e nenas de Portosín estiveran axudando a manter limpos estes paraxes, decidiron vir cantarnos unhas cantigas de tradición mariñeira. 

    Velaí vos deixamos uns retrincos deste pequeno concerto ... (premede na imaxe)

A BRUXA MARUXA E AS MEIGAS DO MAR



 

Ao remate da actuación fíxose a entrega dun pequeno agasallo para cada aula pola súa participación no certame literario de samaín, os cales poderedes ver e escoitar na anterior entrada do blogue.

 


 










 E este foi o agasallo, un recurso co que incentivar ao alumnado a seguir creando nas nosas aulas fantásticas historias!


martes, 2 de novembro de 2021

RELATOS DE SAMAÍN

 E por fin coñecemos os retatos gañadores velahí van!

 (premede na foto para escoitar o audio de cada unha destas terroríficas historias)