Páginas

sábado, 26 de febreiro de 2022

O ENTROIDO

 O venres chegou o final do Entroido ao Ceip Portosín. Foi un día cheo de troula no que non faltaron sorrisos e diversións!!!




xoves, 24 de febreiro de 2022

Para o VENRES o Meco di...

Hoxe xoves, viñemos todos/as preparados/as cos nosos gorros para ir a pescar ...


 E mañá será o día final do Entroido!!!

Teremos un día cheo de emocións, sorrisos, troula...

E que nos manda o Meco?





mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 23 de febreiro, festexamos no colexio o día de Rosalía de Castro.

Primeiro os maiores leron un manifesto sobre a súa biografía, destacando a súa historia e implicación feminista chegando a ser un icono na literatura.

Tamén recitamos a poesía "Do mar azul as transparentes ondas"

Cantamos a canción de Uxía que se titula "Has de cantar"

E por último movemos o esqueleto ao ritmo da canción "Terra" das Tanxugueiras.
Foi un día moi emocionante e divertido!!!



Para o XOVES o Meco di...

Hoxe mércores, trouxemos as gafas para mergullarnos no mar...


Cuarto día e seguimos ca troula!!!


 

martes, 22 de febreiro de 2022

Para o MÉRCORES o Meco di...

Hoxe  martes, viñemos medio durmidos ao colexio co pixama posto...


Terceiro día...
Que pensou o Meco para mañá?



 

luns, 21 de febreiro de 2022

Para o MARTES O Meco di...

 O luns arrancamos a semana levando botas para mergullarnos no mar...


No segundo día...
Que sorpresa teremos?



xoves, 17 de febreiro de 2022

Para o LUNS o Meco di...

Para a semana arranca o Entroido no Ceip de Portosín.
A partir do luns o Meco indicaranos como teremos que vir disfrazados ao colexio.
Que nos tocará para o primeiro día?


COMEZAMOS...
Nos próximos días o Meco nos seguirá informando, estade atentos o blog.

mércores, 16 de febreiro de 2022

Contacontos Benxamín Míguez Novoa


O luns 7 de febreiro contamos na nosa biblioteca coa presenza de Benxamín Míguez Novoa, gran debuxante e contador de historias.

Os alumnos/as de 1º e 2º curso de Primaria desfrutamos moito escoitando as súas historias, nas que os protagonistas foron tres alumnos/as do público: Irune (2º), Marco (1º) e Sira (1º). Metéronse no papel dun neno moi presumido, unha nena moi medrosa e unha moi valente.

Despediuse dicíndolle a rapazada que lles pedisen aos pais e avós que lles contasen moitos contos e historias! Animádesvos?