Páginas

martes, 1 de xuño de 2021

VISITAS OLÍMPICAS

Ao longo do curso e en relación co gaio do proxecto sobre os Xogos Olímpicos no que o centro se viu inmerso, tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca, a diferentes deportistas, varios deles/as olímpicos/as, aos cales, depois de realizar o correspondente traballo de investigación sobre eles e o deporte que practican, o alumnado tivo a oportunidade de escoitar e entrevistar, resolvendo as nosas inquedanzas ao respecto.

Visitounos en primeiro lugar  Lidia Parada: atleta especializada en lanzamento de xavelina, membro do Clube Atletismo Barbanza, campioa de España absoluta nesta especialidade e outras seis en categorías inferiores. Foi ademais campioa galega en varias ocasións, xunto co seu entrenador Lardo Moure García e grazas aos cales poidemos observar moi de preto unha demostración sobre este deporte.



Tamén tivemos a oportunidade de coñecer a dúas figuras da vela mundial na clase 49er: Kahena Kunze (ouro en Río 2016) e Iago López Marra (9º en Río 2016)

 





Para rematar recibimos a visita de Araceli Bugallo, mestra de  Educación Primaria, moi ligada ao deporte. Participa nos distintos campeonatos de esgrima de veteranos e Copa de espada absoluta, entrena rapaces/as nesta disciplina. Durante a súa visita, ensinounos unha man chea de aspectos interesentes sobre este deporte, poidemos ver e tocar os materiais que se utilizan, e incluso practicalo! E como unha imaxe vale máis que mil palabras, velaí se mostran os documentos gráficos que o constatan: 


E rematamos con dúas deportistas que ainda que non poideron asistir, quixeron aportar o seu gran de area enviándonos os seus saúdos e agasallos como é o caso de Ana Peleteiro (actual campioa europea en pista cuberta na especialidade de triple salto) e Desiré vila (atleta paralímpica, récord nacional nos 100 metros e en salto de lonxitude)

Cuxa traxectoria foi tratada polos alumnos de 5º de educación primaria e 4º de educación infantil respectivamente nas investigacións de aula.





Foi todo un pracer e un orgullo para nós e o alumnado poder compartir un anaco do seu tempo, máis tendo en conta que a maioría se atopan inmersos na súa preparación para os Xogos de Tokio 2021, por tanto, o noso máis grande agradecemento, admiración e respecto por todos e cada un deles e delas, esperamos e desexamos que todos os vosos esforzos teñan a recompensa que merecen!

 

 Con esta iniciativa contribuímos ao desenvolvemento aos seguintes obxectivos da Axenda 2030



                        


Ningún comentario:

Publicar un comentario