Páginas

domingo, 30 de outubro de 2022

SAMAÍN

 Ó longo desta semana estivemos festexando no colexio o Samaín.

Gozamos coa lectura e escoita de contacontos terroríficos que foron relatados por mestres ou alumnos dende os maiores ata os pequenos.

Grazas á colaboración das familias tivemos unha gran exposición de cabazas e espigas. Moitas grazas, estaban todas xeniais!!!

Creamos un taller de maquillaxe e carautas. Pintámonos de esqueletos, bruxas, gatos, ...preparados para asustar...

E por último viñemos disfrazados ao colexio cunhas vestimentas terroríficas... que medo!!!



Pasámolo xenial!!!



venres, 28 de outubro de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS 2022/23

Iniciamos neste novo curso unha nova andaina...

As mochilas viaxeiras xa comezaron a visitar as nosas casas. Estamos listos para sumerxirnos na lectura e imaxinar, crear, gozar, aprender, divertirnos, ... e pasalo xenial!!!




mércores, 26 de outubro de 2022

CREAMOS UN COMPOSTEIRO

 Con moito gozo contamos outra vez coa participación da Asociación ADEGA. Acudiron ao noso colexio para construir un composteiro no patio.

Primeiro nos explicaron moi ben que é iso dun composteiro e como é o seu manexo. Escoitamos con moita atención para aprender toda a información, xa que a partir de agora seremos nós os encargados do seu funcionamento. 

Logo fomos a observar con detalle todos os pasos que levaron a cabo para a súa construción e tamén colaboramos nalgunha ocasión.

Gustounos moito esta idea xa que con esta técnica ademais de fabricar compost aproveitaremos ó 100% os residuos da materia orgánica conseguindo así importantes beneficios ambientais e fomentando a prevención da xeración de residuos acadando así unha xestión máis sostible do lixo.

Seguiredes tendo noticias da nosa iniciativa... 

Con esta iniciativa contribuímos fundamentalmente ao desenvolvemento do seguinte obxectivo da Axenda 2030



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de outubro festexamos no colexio o Día das Bibliotecas Escolares. 

A nosa BIBLIOTECA é un lugar para:

LER

ESCOITAR

BUSCAR INFORMACIÓN

CREAR

GOZAR

XOGAR



Para conmemorar este día fixemos unha actividade internivel, é dicir, mesturámonos os nenos e nenas de distintas idades e creamos uns marcapáxinas fermosos e orixinais. Axudámonos mutuamente e aprendemos uns dos outros. Ó rematar cada neno e nena agasallou o seu marcapáxinas a outro. Gozamos moito con esta actividade e quedamos moi ledos cos nosos agasallos. Xa os temos listos para empregar nas nosas lecturas!!!

No vídeo podedes ver imaxes sobre o proceso de elaboración das nosas creacións, a colaboración entre todos e o intercambio dos agasallos.

 


E a cousa non quedou aí...

Tivemos outra actividade moi sorprendente. Visitounos ao colexio Narci Rodríguez, un especialista en Beatbox. Explicounos que podemos facer moitos sons coa nosa boca e ensinounos algúns deles: unha gota de auga, o can, o gato, unha guitarra eléctrica, unha trompeta, un helicóptero, un robot, un mosquito, ...

Participamos moito e pasámolo xenial facendo os sons e non se nos da nada mal!!!

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade


Saimos moi ledos e con moitas ganas de seguir aprendendo. Moitas grazas Narci, foi estupendo contar coa túa visita.


sábado, 15 de outubro de 2022

XI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS

 Seguimos este ano sumándonos a unha das iniciativas propostas por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). O venres 14 tivemos unha xornada de limpeza simultánea das praias da contorna coa clara intención de fomentar o coidado e a protección do noso patrimonio marítimo e ao mesmo tempo denunciar a falta de compromiso social que aínda hoxe existe nesa faceta. Contamos tamén coa axuda do Concello de Porto do Son.

Dentro do noso proxecto de centro, continuamos apostando polo coidado do medio ambiente e polo fomento da súa sostibilidade. Por iso puxémonos as luvas cun forte sentido de propósito e nos encamiñamos cara as praias de Coira e da Gafa. 

Atopamos moitas cabichas, pequenos plásticos, partículas de porexpán, algún anaco de embarcacións, rodas, corcho branco, cordas, botes, latas de conservas e bebidas, toalliñas, cristais, ladrillos, ... e incluso un pinta beizos, unha lima das uñas e unhas zapatillas. Reunimos moito lixo voluminoso que quedou pendente de recoller o Concello, aproximadamente chegamos a acumular 80 kilos de lixo.

A nosa contribución de onte é un graniño de area, por iso non debemos illar este feito e continuar coa nosa labor día a día nos nosos fogares, na escola, ...nas accións da vida cotiá.

Pasámolo xenial e voltamos para as aula coa sensación de facer algo moi bo para o coidado deste mar pois cada anaco de lixo que se retira para ser reciclado significa que hai un artículo menos que poida facer dano as aves e animais mariños.

Sen dúbida foi unha experiencia moi enriquecedora que nos encantaría repetir!!!


Con esta iniciativa contribuímos fundamentalmente ao desenvolvemento do seguinte obxectivo da Axenda 2030

xoves, 13 de outubro de 2022

RECICLAMOS CON SENTIDIÑO

 Todo o alumnado de infantil achegámonos ata o carro de reciclaxe que rota cada quince días polo Concello. Nel puidemos atopar oco para materiais de difícil clasificación como pilas, baterías, tóners, aparellos electrónicos, lámpadas, ...contribuíndo deste xeito á conservación do planeta dentro do noso proxecto de centro de sostibilidade.


martes, 11 de outubro de 2022

XXII Mostra de Curtas

 Hoxe asistimos á XXII Mostra de Curtas na vila de Noia, un acontecemento de relevancia cultural e cinematográfica. A actividade resultou moi interesante e instrutiva inculcando no noso alumnado valores e aspectos transversais de forma lúdica e dinámica.

Voltaremos o vindeiro ano!!!