Como celebración do 8m, nestes días, quixemos dar visibilidade ás
mulleres que nos abren camiños, as nosas "supermulleres". Ao mesmo
tempo, pretendemos seguir avanzando no obxectivo do noso proxecto anual
poñendo en valor a cultura e a lingua galega. Para iso, nesta ocasión
decidimos contar coa colaboración dunha experta regueifeira Lupe Blanco,
que nos impartiu un maravilloso taller de regueifas en conxunto cos
compañeiros/as do CEIP Sobrado Nebra.
Ademais, no ámbito das aulas,
os nenos e as nenas de primaria escribiron cartas de agradecemento ás
súas "supermulleres", aquelas que máis admiran e que inspiran o seu día a
día.
mércores, 12 de marzo de 2025
8 de Marzo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha ...
-
Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros. Amosáronnos como son as...
Ningún comentario:
Publicar un comentario