Páginas

domingo, 2 de marzo de 2025

Entroido 2025

 

No CEIP Portosín celebramos o Entroido mergullados na temática das lendas galegas e o Camiño de Santiago, dentro do Proxecto de Centro deste ano. Ao longo da semana seguimos con entusiasmo os mandadiños do Meco, e o venres puxemos o broche final cun desfile no que bolboretas do camiño, meigas, trasnos, lavandeiras, lobisomes, a Santa Compaña e peregrinos encheron o pobo de cor e ledicia. 

Xa no colexio, o alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria deleitounos cunha divertida regueifa, antes de repoñer forzas cunha merenda especial preparada polos nosos grandes filloeiros. Queremos agradecer de corazón o seu inestimable traballo, así como a colaboración das familias e o acompañamento da Escola Infantil e de toda a comunidade educativa por facer posible este Entroido tan galego!












Ningún comentario:

Publicar un comentario