No CEIP Portosín celebramos o Entroido
mergullados na temática das lendas galegas e o Camiño de Santiago, dentro do
Proxecto de Centro deste ano. Ao longo da semana seguimos con entusiasmo os
mandadiños do Meco, e o venres puxemos o broche final cun desfile no que
bolboretas do camiño, meigas, trasnos, lavandeiras, lobisomes, a Santa Compaña
e peregrinos encheron o pobo de cor e ledicia.
Xa no colexio, o alumnado de
segundo e terceiro ciclo de primaria deleitounos cunha divertida regueifa,
antes de repoñer forzas cunha merenda especial preparada polos nosos grandes
filloeiros. Queremos agradecer de corazón o seu inestimable traballo, así como
a colaboración das familias e o acompañamento da Escola Infantil e de toda a
comunidade educativa por facer posible este Entroido tan galego!