Páginas

xoves, 2 de febreiro de 2023

WHAT MONSTER?

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria acudimos ao auditorio da Fundación ABanca para asistir a obra en inglés " What Monster?" realizada pola compañía de teatro On Stage. A trama desenvólvese nun campamentos de verán que está maldito. Un monstruo, unha mascota e dous instructores moi divertidos puxeron á proba ós campistas nunha obra que nos ensina a confiar en nós e mellorar a nosa autoestima.

Aproveitamos o día e as raiolas do sol e fomos dar un fantástico paseo pola zona vella de Santiago. Visitamos varios lugares históricos como a fonte dos cabalos na praza das Platerías, a catedral na praza do Obradoiro e merendamos na praza da Quintana. Foi un día fabuloso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario