Páginas

venres, 10 de febreiro de 2023

ROTEIROS

Que día máis bo tivemos hoxe!!!

O alumnado de 1º e 2º de Primaria fixo unha andaina polos muíños do rego de San Tomé en Baroña.

Tivemos un magnífico guía, Ovidio, o Presidente da Comunidade de Montes de Baroña. Explicoulles á rapazada todo o relacionado cos muíños, para que se empregaban, as distintas partes, curiosidades, ... Así mesmo foinos falando da fauna e flora do lugar.

Logo de facer este pequeno percorrido levounos a amasar pan. Cada un fixo un boliño e unhas compañeiras de Ovidio metéronos no forno. Estivemos un rato xogando e cando estiveron cocidos cada quen degustou o seu pan. Que rico!!!

Foi un día distinto no que aprendemos moitas cousas. Grazas Ovidio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario