Contamos no colexio coa visita dunha traballadora do Instituto Galego de Consumo. Asistiron a este obradoiro o alumnado dende terceiro ata sexto de primaria.
Explicounos como debe ser o etiquetado dos artículos que podemos consumir e toda a normativa que deben cumprir. Facendo fincapé na recente chegada do Nadal falounos tamén sobre o consumismo e a influencia da publicidade que nos leva a mercar cousas que realmente non precisamos.
Logo traballamos un pouco e fixemos un boneco de neve con materiais de refugallo.
Aprendemos moitas cousas que poñeremos en practica á hora de mercar calquer tipo de produto.






Ningún comentario:
Publicar un comentario