Con motivo do vinte aniversario do afundimento do Prestige, quixemos darlle a coñecer ao alumnado o que foi e o que significou aquela traxedia para o noso país.
No colexio tivemos o pracer de recibir como convidados a dous veciños moi especiais, Isaac, patrón maior de Portosín e José Blanco, patrón do barco "Portosín". Os dous viviron aquel suceso en directo, indo limpar "chapapote", igual cá marea de voluntarios chegados de toda a xeografía española e doutros paises.
Con moito gusto e amabilidade respostaron todas as preguntas que lle fixeron as nenas e nenos de 3º a 6º de primaria.
Canto aprenderon! Moitas grazas aos dous.
Na seguinte presentación poderedes ollar tanto as imaxes da visita como a fantástica reportaxe, dirixida pola nosa teacher Marina, na que o alumnado pon voz ao acontecedido naquelas datas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario