Páginas

mércores, 8 de xuño de 2022

O golfiño Manoliño

Quen é Manoliño? Todos o coñecemos pero, estamos actuando ben con el? Onte aclaramos esta dúbida.

No colexio contamos coa visita de Cristina Seijo Núñez, técnica do proxecto "Actuacións de conservación, mellora do coñecemento do medio mariño e protección ambiental dos hábitats e especies mariñas e dos espazos mariños protexidos" de Tragsatec.

Explicounos o que saben sobre Manoliño, o seu comportamento, como debe ser a súa alimentación, ... entre outros aspectos. Fixo fincapé nas consecuencias que poden ter as interaccións con dito animal, tanto para el como para as persoas.

Esta charla axudounos moito para cavilar sobre as accións que se están a facer con Manoliño e aprender o que debemos facer ante a súa presenza, sensibilizándonos así sobre o coidado das especies mariñas protexidas.



Con esta iniciativa contribuímos fundamentalmente ao desenvolvemento do seguinte obxectivo da Axenda 2030

Ningún comentario:

Publicar un comentario