Ó longo do curso quixemos potenciar o poder da palabra na narración oral, centrándonos nas historias de tradición oral dos nosos avós e avoas.
Comezou unha das nosas mestras, contándolle nas aulas dos máis maiores, unha vella historia sobre a Santa Compaña.
Ós cativos gustáronlle moito estas lendas de "medo", comprometéronse a preguntarlle aos seus familiares algunha vella historia para narrarlla aos seus compañeiros de aula.
Mentras tanto, propuxémoslle ao CEIP Santa María do Castro unha actividade intercentros de contacontos, e por suposto aceptaron!!!
Debido ás medidas Covid, non podiamos trasladar alí ó alumnado pero fixemos un intercambio de mestras.
A nosa mestra foi contar un dos contos de tradición oral que máis triunfou no noso colexio
"aterrador e divertido".
A teacher do CEIP Santa María do Castro, antiga mestra do noso centro, veu contarnos en inglés dous contos coñecidos como son:
que potencian a diversidade e inclusión!!
Encantounos ter de novo polo cole a esta mestra tan querida por nenos/as e compis!!!
Por último, xa coas medidas Covid máis relaxadas, foron diferentes nenos de 6º os que se animaron a trasladar esas historias que permanecen na memoria dos seus avós e avoas.
Antes da marchar da biblio pediron un último conto como agasallo final antes de emprender o camiño para o instituto.
Foi unha actividade que de seguro repetiremos no vindeiro curso!!!!
Agardando poder facela xa mesturando as aulas!!!












Ningún comentario:
Publicar un comentario