O día 12 de xuño toda a comunidade educativa desfrutamos dunha nova edición, a quinta xa, do Feirón Mariñeiro, a festa de fin de curso do noso centro. Nela unificamos:
- Unha mostra do traballo realizado ao longo de todo o curso polo alumnado, o profesorado, as familias,... no proxecto documental integrado deste curso "A nosa lingua fai camiño".
- Actuacións musicais e de danza.
- Comida campestre con sardiñada a cargo das familias e coa colaboración da Confraría de pescadores de Portosín.
- Xogos populares, inchables, festa da auga e da escuma,...
Unha xornada coa que coidamos a nosa identidade coma fillas e fillos dunha vila mariñeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario