O pasado venres o alumnado do 3° ciclo de primaria desprazouse á Cidade da Cultura en Compostela para visitar a exposición "Castelao. Mirar por Galicia", que ata a data é a experiencia de arte dixital máis avanzada en torno a unha das figuras máis destacadas da historia de Galicia.
A través da IA o alumnado achegóuse ao mundo Castelao dunha maneira tremendamente realista. Unha actividade incluída no noso PDI " Viaxamos coa lingua a través da historia".
Mereceu moito a pena!
domingo, 30 de novembro de 2025
"CASTELAO. MIRAR POR GALICIA"
mércores, 26 de novembro de 2025
25 NOVEMBRO
Unímonos un ano máis para alzar a voz contra todas as formas de violencia machista. Ao longo da mañá, o alumnado participou en diversas actividades co obxectivo de concienciar, educar e honrar ás vítimas.
![]()
Carreira contra a violencia
Iniciamos a xornada cunha carreira simbólica organizada polo Concello de Porto do Son na que participou o alumnado do CEIP Santa Irene, CEIP Sobrado-Nebra, CEIP Campanario, EEI Carballosa e o CEIP Portosín. Unha actividade que nos permitiu correr xuntos/as por unha mesma causa: dicir NON á violencia de xénero.
Lectura do manifesto

O alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de poñer voz ao noso compromiso colectivo a través da lectura dun manifesto, lembráronnos a importancia de educar en igualdade e respecto.
Paxariños violetas pola memoria.
Como acto final, colocamos un paxariño violeta por cada muller asasinada no que vai de ano. Un xesto sinxelo pero cargado de significado.
Dende o noso centro seguiremos traballando cada día para construír un espazo seguro e igualitario.
domingo, 23 de novembro de 2025
MAGOSTO 2025
O pasado venres 21 de novembro gozamos dunha xornada moi especial no noso centro! O alumnado, dende Educación Infantil ata Primaria, participou en diversas camiñatas pola nosa contorna, desfrutando do exercicio ao aire libre, da natureza e da boa compaña. Un xeito estupendo de fomentar hábitos saudables mentres compartimos momentos de convivencia.
Ademais, o alumnado de Infantil iniciouse hoxe nun programa colaborativo posto en marcha polo SERGAS e o Concello de Porto do Son, que promove unha vida activa e saudable, animando ás persoas maiores a saír e moverse. Por iso, os nosos nenas e nenos estiveron acompañados de familiares e da veciñanza que quixo participar neste programa conosco, creando así un fermoso espazo interxeracional que combina á vez deporte, saúde e benestar emocional.
Ao rematar as andainas, celebramos o noso tradicional magosto, en colaboración coa ANPA do centro, que nos axudou na preparación das castañas e bocatas de chourizo. Pequenos e maiores puidemos saborear este agasallo do outono e desfrutar dun momento moi especial xuntos.
Para poñer o broche final, todo o alumnado participou en xogos tradicionais organizados polo alumnado do ciclo de FP de Actividades Físicas e Deportivas do IES de Porto do Son, que encheron o patio de movemento, risas e moita diversión. Previamente estes rapaces e rapazas acompañáronnos tamén nos roteiros.
Foi unha xornada divertida na que houbo representación de toda a comunidade educativa! A unión fainos mellores!
luns, 10 de novembro de 2025
APADRIÑAMENTOS LECTORES - NOVEMBRO 25
Nestes primeiros días do mes de novembro cumprimos coa axenda de apadriñamentos lectores:
- Terceiro de primaria a 4º de infantil
- Cuarto de primaria a 5º e 6º de infantil
- Quinto de primaria a segundo curso de primaria
- Sexto de primaria a 1º curso de primaria
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha ...
-
Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros. Amosáronnos como son as...



















