Que ben o pasou hoxe o alumnado de Primaria de Portosín e Nebra! As historias musicadas de Brais das Hortas fixéronnos rir, cantar e soñar na Casa da Cultura de Portosín. Unha mañá chea de maxia, música e moita ilusión! Empregando distintos instrumentos e obxectos sacados da súa maleta misteriosa, atopada no faiado da casa, Brais encheu o escenario de sons, imaxinación e boas vibracións. Contos de bruxas, do home do saco, da Santa Compaña… Historias que mesturan tradición, humor e moita creatividade para facer voar a imaxinación de grandes e pequenos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha ...
-
Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros. Amosáronnos como son as...



Ningún comentario:
Publicar un comentario