E así, entre sorrisos, lembranzas despedidas e moita ilusión, decimos adeus a este curso escolar. Nesta última xornada tan especial, celebramos unha entrega de premios moi agardada.
Os nosos pequenos recibiron os premios do Froitómetro, unha iniciativa que fomentou os hábitos saudables durante todo o ano. Ademais, entregamos os premios aos gañadores do xogo da biblioteca, unha aventura chea de libros, pistas e aprendizaxes, enmarcada na temática
do Camiño de Santiago.
Foi un curso de moitos pasos, de aprendizaxes e vivencias compartidas. Agora toca descansar e coller forzas para o seguinte tramo da viaxe. Bo verán e... ata o próximo camiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario