Páginas

sábado, 26 de abril de 2025

XVI Carreira pola lectura

 

No CEIP Portosín seguimos celebrando o Día do Libro coa nosa tradicional Carreira pola Lectura, que este ano chegou á súa décimo sexta edición!

Foi unha xornada chea de participación, onde unimos lectura e deporte acompañados como ven sendo habitual dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil de O Parque e do CEIP Sobrado-Nebra.

Grazas a todas as familias polo apoio e ao Concello de Porto do Son pola colaboración. Actividades coma esta axudan a fomentar hábitos saudables e o gusto pola lectura desde as primeiras etapas.

Parabéns a todos e todas as participantes! Vémonos na seguinte!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario