Páginas

xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día escolar da non violencia e da Paz

 

Hoxe celebramos o Día escolar da non violencia e da Paz!
No noso centro conmemoramos esta data cun fermoso acto no que cada curso achegou o seu gran de area pola paz. Baixo o lema “ A Paz fai camino” o alumnado elaborou e expuxo diferentes lemas, ditos e palabras cheas de significado, que quedaron reflectidas en cadansúa mouteira (símbolo do Camiño de Santiago) entrelazando así os dous eixos principais do noso proxecto anual.
Para pechar esta xornada, todo o alumnado uniuse nunha emotiva interpretación da canción "Camiño das Estrelas" acompañada de linguaxe de signos.
Porque a paz constrúese entre todas e todos, paso a paso!
 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario