Páginas

venres, 8 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No Ceip Portosín seguimos traballando no PDI do centro e para ilo, neste día "8M" visitounos a ilustradora Alba Vázquez que estudou Belas Artes en Salamanca e fixo un máster de Ilustración en Barcelona.
Leváronse a cabo tres obradoiros de arte diferentes:
    O obradoiro de educación infantil comezou cun conto sobre as cores e as súas mesturas e logo fixeron unha experimentación con pintura acrílica.
    O obradoiro do primeiro ciclo consistiu nunha estampación con pintura acrílica e matrices de cartón e goma eva.
    O obradoiro do segundo e terceiro ciclo foi sobre o debuxo manga.
Ensinounos diversas técnicas e curisosidades sobre a arte. Moitas grazas Alba, encantounos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario