23 de febreiro. Hoxe conmemoramos o aniversario de Rosalia, para rendirlle homenaxe a esta grande autora, no cole levamos a cabo varias actividades. En consonancia con oso Pdi “Música e arte”, creamos unha obra colaborativa na que participou todo o alumnado, tamén se realizaron autoretratos da autora a nivel de aula (5º de primaria). Ademais o xoves contamos coa presenza dunha auténtica Rosalía representada por María unha marabillosa actriz a cal nos narrou a historia de Rosalía en primeira persoa, unha obra interactiva na que colaboramos recitando diferentes poemas da autora. Moitas grazas Maricarmen por permitirnos desfrutar da túa exquisita interpretación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario