Hoxe recibimos a visita de ASANOG (Asociación de axuda a nenos/as oncolóxicos de Galicia) ensináronnos a súa grande labor contribuíndo ao benestar de menores oncolóxicos e das súas familias, tanto no aspecto médico como psicolóxico, asistencial, laboral, económico ... traballando para impulsar e mellorar a atención e asistencia sanitaria.
Dende o CEIP Portosín estamos moi orgullosos de colaborar con esta asociación coa doazón do 20% do recadado a través da nosa cooperativa (ESCAPE)
Ningún comentario:
Publicar un comentario