Para rematar o curso festexamos o "II Feirón Mariñeiro", ocasión na que nos xuntamos representantes de toda a comunidade educativa do Ceip Portosín para despedir dunha maneira festiva o curso escolar.
Puidemos ver e escoitar de primeira man o traballo desenvolvido por todo o alumnado do colexio acerca do proxecto anual "Portosín + Dixital e Sostible", co que se achegaron ao sector turístico no noso concello.Isto fixémolo ao son dos gaiteiros, cunha demostración extraordinaria das nenas e nenos que participan na actividade extraescolar de zumba, degustando uns petiscos deliciosos de restaurantes da vila e unhas riquísimas sardiñas donadas pola cofradía de pescadores que nos asaron as nais e pais da Anpa Coira.
Moitísimas grazas a todos os que hoxe nos acompañastes e dunha maneira ou doutra colaborastes en que isto fose posible.
Unha comunidade educativa unida está chamada a medrar continuamente.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario