Hoxe quixemos honrar a figura de Paco del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano 2023. Fixémolo da man de Blanca Roig, profesora da USC, amiga íntima de Paco, avoa de dúas alumnas do centro e veciña de Portosín. A verdade é que non lle podemos estar máis agradecidos á nosa convidada por achegarnos á figura deste autor tan polifacético, que ao longo da súa vida sempre se mantivo nun segundo plano a pesares de ser un traballador e defensor incansable a prol da cultura e do idioma galego. Cantámoslle a canción “A miña burriña” que a el tanto lle gustaba e mesmo lle engadimos algunha estrofa nova. Fixémolo alzando as mesmas pombas coas que foi despedido no seu pasamento aos 97 anos, xa fai 13 anos. Para rematar a mañá, as nenas e nenos de cuarto de primaria fixéronlle unha breve entrevista que gravamos para o noso recordo. Blanca! Grazas por darnos a coñecer ao verdadeiro PACO DEL RIEGO. Foi un pracer.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha ...
-
Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros. Amosáronnos como son as...

Ningún comentario:
Publicar un comentario