Onte acudimos ao colexio moi elegantes para festexar o fin de ano. Degustamos un chocolate obsequio do restaurante Portofino; e uns deliciosos churros elaborados polo bar Camboño, A Nosa Ría e Souto Martiño. Moitas grazas a todos/as. Estaba todo riquísimo!!!
Tomamos tamén as tradicionais 12 badaladas
Cantamos cancións de Nadal
Dende o Ceip Portosín desexamos que todos os membros da comunidade educativa pasedes unha FELICES FESTAS e que se cumpran todos os vosos soños neste vindeiro ano 2023. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario