O 24 de outubro festexamos no colexio o Día das Bibliotecas Escolares.
A nosa BIBLIOTECA é un lugar para:
LER
BUSCAR INFORMACIÓN
CREAR
GOZAR
XOGAR
Para conmemorar este día fixemos unha actividade internivel, é dicir, mesturámonos os nenos e nenas de distintas idades e creamos uns marcapáxinas fermosos e orixinais. Axudámonos mutuamente e aprendemos uns dos outros. Ó rematar cada neno e nena agasallou o seu marcapáxinas a outro. Gozamos moito con esta actividade e quedamos moi ledos cos nosos agasallos. Xa os temos listos para empregar nas nosas lecturas!!!
No vídeo podedes ver imaxes sobre o proceso de elaboración das nosas creacións, a colaboración entre todos e o intercambio dos agasallos.
E a cousa non quedou aí...
Tivemos outra actividade moi sorprendente. Visitounos ao colexio Narci Rodríguez, un especialista en Beatbox. Explicounos que podemos facer moitos sons coa nosa boca e ensinounos algúns deles: unha gota de auga, o can, o gato, unha guitarra eléctrica, unha trompeta, un helicóptero, un robot, un mosquito, ...
Participamos moito e pasámolo xenial facendo os sons e non se nos da nada mal!!!
No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade






Ningún comentario:
Publicar un comentario